Podcast: As finanzas dixitais presentes no teu día a día

Si no te aparece el reproductor para escuchar el audio, pulsa aquí.

A tecnoloxía impactou en distintas áreas da nosa vida e das nosas interaccións diarias. A rápida dixitalización do mundo tamén repercutiu na nosa relación coa economía e as finanzas, facendo posible a xestión do noso diñeiro a un clic de distancia e permitindo que controlemos os nosos movementos e investimentos desde calquera dispositivo persoal. De feito, moitos de nós xa estamos familiarizados con algunhas ferramentas como as aplicacións de banca dixital para facer seguimento das nosas contas, ou as transferencias de diñeiro a través de Bizum. Pero hai moitísimos máis… Sóanche termos como Fintech, criptomoneda ou crowdfunding?

Neste podcast mergullámonos neste mundo dixital das finanzas, coñeceremos que recursos útiles existen para facer uso delas en actividades cotiás como pagar as facturas, saír a cear, ir de viaxe ou planificar a economía do teu fogar.

Organizan

Comprometidos con la Agenda 2030

Agenda 2030