O conflito árabe-israelí en Europa

O conflito bélico árabe – israelí rexurdiu con forza nos últimos meses tras diversas accións por parte de ambas bandas, elevando as cifras de vítimas a datos certamente dorosos.

Día tras día todos os informativos, o resto de medios de comunicación -xa sexan en papel ou en dixital- e as redes sociais, énchense de novas e imaxes que nos amosan os horrores da guerra. Isto é, a coñecida globalización neste caso non sellema supor unha ventaxe para deter este conflito bélico que carece totalmente de sentido.

A comunidade internacional enfróntase novamente a unha vella e coñecida situación na que existen moitos factores a ter en conta e na que os apoios e as estratexias xeopolíticas de carácter mundial vénse altamente comprometidas.

Nesta mesma liña, a Unión Europea xa amosou o seu parecer con diversas resolucións que deixaron clara á división de opinións entre os países membros. Deste xeito, afástanse dunha resposta unánime que poida reforzar un alto ao lume tan necesario.

Achégate ao foco do conflito da man de Fegaus e Canal Sénior

Ante esta innegable barbarie da actualidade, o profesor da Universidade de Vigo -D. Luis Domínguez Castro- ofreceranos unha sesión na que faremos unha análise do impacto e a reacción da Unión Europea ante o conflito árabe – israelí.

Desde o seu perfil experto, axudaranos a entender as claves tanto pasadas como futuras dun enfrontamento que segue sen resolverse dende o seu comezo a mediados do século XX.

Da man de Fegaus e Canal Sénior imos coñecer todos os detalles dun conflito que non deixa de estar á orde do día. Achégate xunto connosco a unha profunda análise sobre o que está a pasar no mundo que nos rodea.

Se queres coñecer máis sobre xeopolítica internacional, non podes perderte os seguintes vídeos:

A UE e os medios de comunicación

A guerra de Ucraína e a Seguridade Europea

Duración

120'

Modalidad

Directo

Formato

Semipresencial

Ponente

Luís Domínguez Castro
Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo
Profesor Titular de Historia contemporánea na Universidade de Vigo. Titular da Cátedra Jean Monnet Ad Personam de historia da construción europea. Coordinador do European Centre of Excellence Jean Monnet da Universidade de Vigo.

Organizan

Comprometidos con la Agenda 2030

Agenda 2030

¿Seguro que quieres salir de la página?
Quizá estos contenidos podrían interesarte: